Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ADIVIÑAS MEDIEVAIS DO LIBRO DE EXETER

por Anónimo
€16,00
ISBN 9788417388508

As adiviñas anglosaxonas contidas no Libro de Exeter son enigmas a modo de poemas relativamente breves que convidan a identificar un obxecto, un fenómeno natural, un animal ou un proceso que se describe dun modo misterioso, enigmático e xeralmente lúdico. Os enigmas anglosaxóns insérense sen ningunha dúbida na gran tradición da adiviña presente na práctica totalidade das culturas do planeta ao longo da Historia e que evidentemente segue atraendo ao ser humano. As metáforas, os símiles, os quebracabezas, as historias de detectives, todo iso ten a intención de representar as cousas dun modo distinto ao que en verdade son. Desde o enigma da esfinxe de Tebas ata os enigmas de Simposio, Adelmo ou San Isidoro, pasando polas adiviñas infantís ou os textos exipcios, hindús ou do Corán, da Biblia, ou da mitoloxía grega, sempre tivemos textos ou inscricións onde se ocultou a natureza dos conceptos para expornos un reto que nos leve a unha solución, a varias ou a ningunha.

Na literatura anglosaxona os enigmas son parte indispensable dos recursos estilísticos da poesía do inglés antigo, pois unha das súas figuras retóricas máis utilizadas -os “kenningar”- non eran senón metáforas a modo de adiviñas en miniatura.

A pesar de estar contidas nun códice que data do século X é moi evidente que a composición das adiviñas tivo lugar moito antes, dende o século VIII, como algúns críticos sinalan. Pola súa condición de poemas breves de carácter lúdico, a súa transmisión oral tivo que ser frecuente e gozar de certa popularidade. Este feito de seren populares pode ser un dos motivos de que se engadise a unha miscelánea moi conectada coa cultura monacal.

____


Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego