Nesta obra. o poeta interroga á soidade, ao esquecemento, á desilusión.
1º Premio XL Certame de Poesía do Concello de Vilalba.
A poesía érguese neste libro como unha forma de dar orde ao caos do universo, ás "dimensións do baleiro". Estruturado en cinco partes, denominadas "Fiestras...", nesta obra. o poeta interroga á soidade, ao esquecemento, á desilusión.
A lingua emerxe coma o seu piar: "lingua que me colles dende o berce / e me afastas do silencio orixinal".
O autor detense tamén na denuncia social, cantando aos "eslombados", aos "calados e ignorados". E hai un espazo así mesmo para o amor, o "feitizo".
____