Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A VOZ DA AUGA

€12,00
ISBN 9788493733063

A voz da auga é, pola propia vontade da autora, o seu derradeiro poemario, e vén completar unha singradura poética comezada moitos anos atrás. A madurez da verba lírica de María do Carme Kruckenberg alcanza o seu punto álxido nesta obra, onde paixón e razón pasean da man por tódalas etapas do ciclo vital.

María do Carme Kruckenberg naceu no ano 1926 en Vigo, cidade onde aínda reside. Lectora de Rilke, Baudelaire e Rosalía, revela moi cedo a súa paixón pola palabra escrita e especialmente pola poesía. No ano 49, tras unha participación activa no movemento cultural vigués dos anos 40, casa e marcha a Buenos Aires, onde reside ata o 53. Alí entra en contacto con intelectuais como Rafael Alberti e María Teresa León (os seus “pais de América”), Miguel Ángel Asturias ou Borges, e ten a oportunidade de coñecer a Castelao. De volta a España pasa por Madrid, onde contacta cos escritores da revista Garcilaso. As viaxes son, xunto coa literatura e os amigos, outra das súas paixóns e fonte de coñecemento, pois, como ela mesma sostén: “o que máis me interesa no mundo é o coñecemento, a liberdade e o amor: por iso escribo”.
É autora de máis de vinte poemarios, varios contos e diversas colaboracións en revistas. A súa poesía está recollida en varias antoloxías en galego, castelán e inglés.

____

 Editorial: Barbantesa

Idioma: Galego