Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A VOLTA AO MUNDO EN 72 DÍAS

€21,00
ISBN 9788419795083

En 1888, a xornalista Nellie Bly propúxolle ao seu editor no New York World completar a volta ao mundo en 80 días para converter en realidade a fantasía de Jules Verne. Un ano despois comezaría a viaxe co obxectivo de finalizala en 75 xornadas. Cunha equipaxe o máis lixeira posible, a reporteira partiu nunha viaxe de máis de corenta mil quilómetros, na que mesmo se chegou a encontrar con Verne. Dos seus traslados en barco de vapor e ferrocarril deu conta grazas ás redes de cable submarinas e ao telégrafo, mentres o xornal organizaba unha aposta entre os lectores para tratar de acertar con exactitude a data e hora de regreso da viaxeira.

Traducido por Enara Caride Lago, Moisés Barcia.

Elizabeth Jane Cochran (Pensilvania, 1864 – Nova York, 1922), coñecida como Nellie Bly, foi unha xornalista estadounidense que saltou á fama pola súa fazaña de completar a volta o mundo en oito días menos ca Phileas Fogg, o personaxe da novela de Jules Verne. O seu espírito aventureiro definiu o seu traballo xornalístico: foi unha das primeiras correspondentes de guerra e pioneira no xornalismo de investigación; mesmo chegou a infiltrarse nun hospital psiquiátrico para escribir unha reportaxe.

_____

Editorial: Rinoceronte 10-2023
Idioma: Galego