Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A VINGANZA DO WOMBAT

€17,00
ISBN 978819795069
–Gustoume o teu libro –dixo, demostrando que me volvía trabucar–. Pero só contas paridas.
–Ah –dixen, de forma neutra. Estou afeito a que a xente dubide da veracidade das miñas historias, e xa non me ofende.
–Pensei que se cadra quererías ver algo de acción de verdade.
Nada máis lonxe do meu pensamento, pois aborrezo a acción. A miña preocupación é evitala, non atopala, aínda que non o admita.

 

Terceiro libro do australiano que publica Rinoceronte. O estilo deste título é marca da casa: escenas aparentemente cotiás, pero bastante excéntricas; personaxes que sempre andan sedentos ou mal de cartos e humor, moito humor. Historias curtas que nos permiten albiscar un universo literario, común a toda a obra de Cook, onde o poder da natureza aparece incólume e onde están aínda moi presentes os excesos dunha rápida e pouco escrupulosa colonización.

BIOSBARDIA

Kenneth Cook (1929-1987) foi un xornalista, documentalista e novelista australiano, coñecido polos seus relatos humorísticos, de notable éxito, que foron levados á pantalla en varias ocasións. Ademais, montou a primeira granxa de bolboretas do seu país e tamén cofundou un partido político oposto á guerra de Vietnam.

O seu recoñecemento como escritor chegou coa publicación da súa primeira novela, Wake in Fright, en 1961. A este seguiríanlle uns 20 títulos de ficción e non ficción.

Traducido por Moisés Barcia

_____

Editorial: Rinoceronte 07-2023
Idioma: Castellano