Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A VEXETARIANA

por Han Kang
€19,50
ISBN 9788417388799

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024

Yeonghye é unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a ter soños violentos.

O marido de Yeonghye, o seu cuñado e a súa irmá máis vella contan a historia desta muller dende o seu punto de vista nos tres relatos que compoñen esta novela.

No primeiro relato, “A vexetariana”, un home mediocre descobre que a súa parella está cambiando. No segundo, “A mancha mongólica”, a perspectiva é a do cuñado de Yeonghye, un artista audiovisual que non consegue sacar unha imaxe da cabeza e está disposto a todo para facela realidade.

O último relato, “As lapas das árbores”, segue a Inhye, a irmá de Yeonghye, mentres se enfronta ás consecuencias da decisión da súa irmá.

A vexetariana recibiu o premio Man Booker en 2016

 Premio San Clemente en 2018.

Han Kang (Gwangju, Corea do Sur, 1970) estudou filoloxía coreana na universidade Yonsei, unha das máis prestixiosas do país. Debutou en 1993 co poema “Inverno en Seúl” e ao ano seguinte como prosista co relato “Áncora vermella”. En 1995 publicou O amor de Yeosu, a súa primeira colección de relatos. Entre os numerosos premios que recibiu ao longo da súa carreira destaca o 29º premio Yi Sang, que gañou co relato “A mancha mongólica”, un dos tres que compoñen A vexetariana.

Entre as súas obras destacan as coleccións de relatos O amor de Yeosu, A froita da miña muller e as novelas Cervo negro, A vexetariana, Chegou o rapaz (coñecida polo título en inglés Human Acts), Branco e Non me despido.


____

Editorial: Rinoceronte 2022
Idioma: Galego