Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A VERDE PEL DE GAIA

€16,95
ISBN 9788484875215

 

Conversa entre un druída e un biólogo no bosque.

Imaxinade un encontro sorprendente entre dous estudosos da natureza, separados por dous mil anos de progreso científico. Unha xuntanza máxica onde un antigo druída e un biólogo moderno conversan, mentres que o lector descobre como a ciencia contemporánea está recuperando coñecementos perdidos e a bioloxía se focaliza cada vez máis na necesidade de achegarse a un estilo de vida natural.

Os protagonistas deste libro acompañaranvos nun paseo estimulante a través do bosque, entre árbores, cores, olores, razoando sobre a relación entre os elementos e dialogando sobre a sacralidade da vida en Gaia, o noso planeta, que chegaredes a comprender na súa esencia de organismo vivente. A conversa entre os dous sabios flúe espontaneamente, nun ir e vir de ideas para a reflexión en equilibrio constante entre ciencia e filosofía, bioloxía e espiritualidade, contemporaneidade e antigüidade.

_____

Editorial: Laiovento
Idioma: Galego