{"product_id":"a-terra-dos-abetos-en-punta","title":"A TERRA DOS ABETOS EN PUNTA","description":"\u003cp\u003eOso. Un retrato (1887), talvez a novela breve máis famosa do premio Nobel Henrik Pontoppidan, está protagonizada por Thorkild Müller, un cidadán xutlandés de presenza impoñente e modos bruscos que, tras se converter en pastor case por inercia, é destinado a unha modesta parroquia en Groenlandia.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eLonxe dos convencionalismos e das restricións do continente, tan singular personaxe atopa un inesperado sentido da ética e de pertenza entre a poboación inuit, onde o seu temperamento indómito non só non supón un impedimento, senón que lle granxea o favor da comunidade, tanto en termos de respecto coma de afecto. Porén, andado o tempo, os avatares da vida levarano a, outra volta, ter que se enfrontar ás normas e ás xerarquías da Igrexa, contrarias á súa actitude franca e independente.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eCon este relato de memorable final, Pontoppidan construíu, sen pór nunca un pé en Groenlandia na vida real, un dos textos máis sutís, conmovedores e carraxentos da literatura dinamarquesa, cunha constante confrontación entre a autenticidade do individuo e o peso que sobre este teñen as institucións. Se ben breve, nesta peza brilla con luz propia unha lúcida reflexión sobre a dificultade de permanecer fiel a un mesmo nunha sociedade gobernada polo conformismo, un mal enraizado que o autor escandinavo atacou sen reservas no conxunto da súa obra.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eSarah Orne Jewett \u003c\/strong\u003enaceu en South Berwick (Maine) en 1849, no seo dunha familia acomodada. Filla dun obstetra, educouse na casa e acompañou a miúdo o seu pai nas visitas aos pacientes da contorna, o que lle permitiu coñecer de preto a vida das comunidades de Nova Inglaterra, onde os seus levaban instalados xa varias xeracións. Afectada dende cativa por doenzas reumáticas, pasou longas tempadas entregada á lectura e aos paseos en soidade pola natureza, outro feito relevante para a comprensión da súa obra posterior.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eDebutou como escritora cun relato na revista\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eAtlantic Monthly\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003ee non tardou en consolidarse como unha voz destacada do chamado rexionalismo estadounidense. A súa produción pertence sobre todo ao ámbito da narrativa, onde retrata con gran sensibilidade as paisaxes e as xentes de Nova Inglaterra. A súa novela máis reputada é sen dúbida A terra dos abetos en punta, mais antes xa escribira outras pezas de relevo, como\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eDeephaven\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(1877) ou\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eA Country Doctor\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(1884), amais do afamado relato breve\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eA White Heron\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(1886). Canto á súa poesía, foi case toda de publicación póstuma, incluída a trintena de composicións amorosas dedicadas a distintas mulleres.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eA partir de 1881, despois de que a tamén escritora Annie Adams Fields quedase viúva do editor James T. Fields, as dúas mulleres mantiveron unha relación íntima e viviron xuntas –a cabalo entre Boston e Maine– durante case tres décadas. Sarah Orne Jewett morreu en 1909 na casa familiar de South Berwick.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Hugin e Munin  04 2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 180\u003cbr\u003eNARRATIVA XIX\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Sarah Orne Jewett","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52781824409947,"sku":"9791399015089","price":16.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/cuberta-orne.png?v=1775729851","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/a-terra-dos-abetos-en-punta","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}