Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

A TABERNA DO MASCATO NEGRO

€15,00
ISBN 9788415166795
Pódese considerar un libro de contos ou unha novela. Nas súas páxinas está presente a fantasía de relatos mariñeiros e a realidade máis dramática do mar, así como a paixón polo mundo do mar e a vidas das xentes mariñas.  

Con 18 anos, Mario embarca por primeira vez no buque conxelador Praia de Oza, que vai faenar ás augas de Terranova. O barco naufraga e, sen saber como, Mario esperta nunha praia onde atopa a solitaria taberna O Mascato Negro. Entra para buscar axuda e descobre que alí vive un grupo de mariñeiros á espera de que algo suceda para poder fuxir da taberna e da praia. Mario tamén ten que agardar, e mentres o tempo pasa vai coñecendo as historias dos demais mariñeiros.

____

Editorial: Morgante
Idioma: Gallego