Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A (SOCIO)LINGÜÍSTICA

€9,10
ISBN 9788489896305

As linguas non existen sen a xente que as fala, e a historia dunha lingua é a historia dos seus falantes.

O estruturalismo construíuse en lingüística a partir da negativa a ter en conta o que hai de social na lingua, e se as teorías e as descricións que resultan destes principios son evidentemente unha aportación non desprezábel ao estudio xeral das linguas, a sociolingüística, á que se consagra este libro, tivo que contradicir estas posicións. Haberá que agardar por William Labov para achar a afirmación de que, se a lingua é un feito social, daquela a lingüística só poderá ser unha ciencia social. É dicir, que a sociolingüística é a lingüística.

A sociolingüística é hoxe próspera, mutiplica as súas análises e os seus campos. Este libro dedícase de pleno a poñer un pouco de orde neste desenvolvemento.

Tradución do francés de Alberte Allegue Leira.

_____

Editorial: Laiovento 1998

Idioma: Galego