Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A SOCIEDADE CAMPESIÑA NA MITOLOXÍA POPULAR GALEGA

€12,00
ISBN 9788419155962

Nesta páxinas andan as mulleres e os seus homes; a cabeleira feminina e a sedución; as tesoiras e o destino; os tesouros e a preocupación pola pobreza; os pecados mortais, que para os galegos teñen moito que ver co egoísmo, con facer dano á xente, con non respectar as estremas e os marcos; nestas páxinas están os cregos e mais o demo; os meigallos que andan soltos; os vellos oficios, as amas de cría e as parteiras; o porco, animal totémico; a comida e a bebida; o carro de bois e os litixios; a galiña cos pitiños de ouro; a Compaña; o abandono dos vellos, a Inquisición á galega... Este libro é un suxestivo e variado retablo dos mitos, crenzas e imaxinarios dunha vella sociedade, unha visión de Galicia e das súas xentes que quere dar coa verdade e rachar con tantos tópicos.

____

Editorial: USC 05-2023
Idioma: Galego