{"product_id":"a-senorita-corazons-solitarios","title":"A SEÑORITA CORAZÓNS SOLITARIOS","description":"\u003cp\u003eA señorita Corazóns Solitarios é o pseudónimo dun xornalista que mantén un consultorio sentimental nun diario de Nova York. A súa sección é unha manobra para vender máis exemplares. Tras varios meses respondendo cartas con torpes palabras de esperanza, a farsa escapa do seu control. Decátase de que as confesións dos lectores son humildes expresións dun sufrimento verdadeiro que reclaman consello moral e espiritual, e vese na obriga de examinar os valores polos que se rexe. Este exame demóstralle que, nuns tempos de desafección, el non é o autor da burla, senón tamén unha vítima.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eAmbientada na época da Gran Depresión, a escritora Flannery O’Connor considerábaa a mellor novela moderna, canda\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eEn canto agonizo\u003c\/em\u003e, de Faulkner. Para o crítico Harold Bloom, era un dos cumios da ficción norteamericana. Interpretada pola crítica como proba do gnosticismo xudaico (e tamén en clave de simbolismo freudiano), dramática e mordaz, parodia ou farsa tráxica, os seus dous protagonistas antitéticos brindan momentos excepcionais: a señorita Corazóns Solitarios, co seu complexo de Cristo salvador, que devén nun vórtice imparable, e o seu mefistofélico e descrido xefe Shrike.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cem\u003eA señorita Corazóns Solitarios\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003eé unha novela cargada de ironía e humor negro, cunha estrutura impecable, de admirable economía verbal. Unha sátira contra a relixiosidade da sociedade estadounidense e a amoralidade dos medios que acaba por tornar nunha parábola nihilista.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNathan Wallenstein Weinstein\u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e Naceu en Nova York en 1903. Era fillo dun matrimonio de inmigrantes xudeus xermanofalantes, de clase media alta, naturais de Kaunas (Lituania). Malia non rematar o bacharelato, conseguiu que o admitisen, cun expediente falso, na elitista Tufts University de Boston, de onde o expulsaron. Recuncou, falseando outra volta os papeis, na Brown University de Providence, e licenciouse en 1924.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEntre 1926 e 1927 viviu en París. Alí escribiu\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eThe Dream Life of Balso Snell\u003c\/em\u003e, a primeira das súas catro novelas. Ao regresar a Nova York, traballou na construción e axiña pasou a ser xerente dun hotel en Manhattan, na quenda de noite. As xornadas nocturnas, nas que conviviu con amigos escritores aos que lles brindaba aloxamento, servíronlle para corrixir a súa primeira novela, que conseguiu publicar en 1931, e para ler en segredo a correspondencia dos hóspedes, que seica lle deron o punto de partida para escribir\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eA señorita Corazóns Solitarios\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(1933), de escaso éxito comercial porque a editorial entrou en suspensión de pagos. Ese ano decide marchar a Hollywood a traballar de guionista, a xunta amigos como Scott Fitzgerald, Dashiell Hammet ou Faulkner. En 1934 viu a luz a súa terceira novela,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eA Cool Million\u003c\/em\u003e, e en 1939,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eO día da lagosta\u003c\/em\u003e, considerada unha das mellores narracións sobre o Hollywood dos anos trinta. É autor así mesmo de dúas pezas de teatro satíricas.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eMorreu, canda a súa muller Eileen McKenney, ilustradora para Disney, en 1940 en El Centro (California), nun accidente de automóbil, cando se dirixían ao enterro de Francis Scott Fitzgerald.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Hugin e Munin 04-2025\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 124\u003cbr\u003eGRANDES CLÁSICOS\u003cbr\u003eNOVELA SÁTIRA SOCIAL\u003c\/p\u003e","brand":"Nathanael West","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":50531100721499,"sku":"9791399015003","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/cuberta-west.png?v=1746529694","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/a-senorita-corazons-solitarios","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}