Festa de Interese Turístico Galego, cunha forte compoñente identificativa para os limiaos. Esta romaría vense celebrando desde 1840, data na que se incorpora o Combate de mouros e cristiáns, congregando cada domingo próximo ó 24 de setembro a miles de romeiros. No campo do castelo da Saínza ten lugar o Ataque, representación da batalla entre os dous bandos representantes do ben e do mal, que finaliza coa vitoria dos cristiáns sobre os mouros e a queima do castelo rebelde.
_____
Editorial: Asociación Romaría 2003
Idioma: Galego