A REVOLUCIÓN TECNOLÓXICA NA INDUSTRIA SALGADEIRA DE GALICIA
por Arturo Romani
Agotado
€16,00
ISBN 9788487917011
A conservación dos alimentos foi una preocupación principal dende os tempos máis remotos.
Polo xeral os almacéns de salga foran edificados na mesma liña do mar, próximos á beira, en enseadas ó abeiro e de acceso doado para as pequenas embarcacións que descargaban a sardiña. De non contaren con porto construíanse pequenos peiraos ou unha sinxela rampla de atraque.
Unha vez descargado o peixe das embarcacións, trasladábase nas patelas ó almacén ou salgadeira para proceder o seu escochado ou, en tempos máis modernos, o seu salpresado. Rematada a salga, sacábase o peixe e levábase ó morto, onde colocábase coidadosamente nos cascos, que se tapaban poñéndolles un morto (o peso para prensar o peixe) enriba da tapa, axudando coas prensas para mellor extraerlle a graxa, graxa que escoaba dos cascos e ía por unhas canles ata os pozos do saín.
Idioma: Gallego

____
Editorial: UniproIdioma: Gallego