Unha novela sobre o paso da infancia á adolescencia na que resulta doado identificarse co protagonista.
Na Galicia da posguerra Xoán vai madurecendo. Xunto a el pasamos da primeira infancia ao ingreso na Universidade, e vivimos as experiencias vitais do protagonista e os acontecementos sociais que lle tocou vivir. A experiencia cotiá feita literatura. Unha novela de iniciación que se atopa entre os libros máis lidos polos adolescentes galegos.
A nosa cinza publicouse por primeira vez en 1980. Santiago: Editorial Follas Novas.
Ademais tivo dúas edicións na Editorial Nós e quince en Editorial Galaxia.
____
Editorial: Galaxia 09-2024
Idioma: Gallego