Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A NENEZ GALEGA A TRAVÉS DOS ANTEOLLOS DE CASTELAO

por VV. AA.
€12,00
ISBN 9788484574460
"A nenez galega a través dos anteollos de Castelao" está divido en seis capítulos. A primeiro fala sobre "A vida non fogar" e trata temas como a familia, a alimentación e o vestiario. O segundo está protagonizado por "A vida na escola" e versa sobre a lingua galega, a pedagoxía e o absentismo escolar. O terceiro, sobre "O tempo de traballar", estuda os traballos do fogar e os de fóra. "A Galiza de Afonsiño" é o cuarto capítulo e inclúe información sobre foros, o campo, a pesca, as conserveiras e a emigración. O quinto aborda "A evolución e as transformacións políticas". E, por último, o sexto capítulo toma o Museo de Pontevedra como tema principal, atendendo ao papel de Castelao como fundador desta institución e a circunstancia de que o museo é o que ten o maior depósito de obras deste autor.
O libro é unha proposta participativa destinada a un uso pedagóxico a través da literatura galega, a filosofía, a ética ou as ciencias sociais e vai destinado ao alumnado desde 4º da ESO ata 2º de Bacharelato. Este evento enmárcase dentro do Ano Castelao, polo que a Deputación de Pontevedra.

____

Editorial: Deputación de Pontevedra
Idioma: Galego