Un escultor veterano vive nunha pequena vila ao pé da montaña, onde vende e repara pequenas pezas de pedra e madeira, ao tempo que axuda a cruzar a fronteira a inmigrantes.
Un incidente obrígao a marchar de alí e recibe un delicado encargo: a restauración dunha valiosa peza de mármore que representa un Cristo crucificado.
TRADUCIÓN DO ITALIANO DE MOISÉS BARCIA
Idioma: Gallego
Un incidente obrígao a marchar de alí e recibe un delicado encargo: a restauración dunha valiosa peza de mármore que representa un Cristo crucificado.
Erri De Luca (Nápoles, 1950) abandonou aos dezasete anos o seu traballo como obreiro na construción para unirse ao movemento político Lotta Continua, do cal se converteu nun dos seus principais dirixentes durante os anos setenta do pasado século. Tras isto traballou como obreiro, camioneiro, almacenista ou albanel. Durante a guerra na ex Iugoslavia foi condutor de convois humanitarios.
En 1989, case aos corenta anos, publicou o seu primeiro libro, e a día de hoxe conta con máis de 50 obras publicadas e é un dos autores italianos máis premiados e traducidos.
BIBLIOGRAFÍA DE ERRI DE LUCA
- El contrario de uno - 14/11/2019 - Seix Barral
- La natura expuesta - 27/02/2018 - Seix Barral
- Historia de Irene - 29/11/2016 - Seix Barral
- Sólo ida. Poesía completa - 29/11/2016 - Seix Barral
- La palabra contraria - 17/02/2015 - Seix Barral
- El crimen del soldado - 05/03/2013 - Seix Barral
- Los peces no cierran los ojos - 06/03/2012 - Seix Barral
____
Editorial: RinoceronteIdioma: Gallego