Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99% dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axina comprenderá o seu monumental erro de cálculo.
Con este punto de partida, unha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, A mona de Schröndinger convídanos a acompañar esta mordaz e irreverente bonoba (que como humana responde ao nome de Suso Mouriño), na súa loita diaria por se manter a flote, algo que no resulta nada sinxelo cando o teu pai bebe canto gaña, o monte veciñal da túa aldea é usado como vertedoiro e ti non encaixas en ningures, nin sequera no corpo que che foi outorgado. Humor e inconformismo en grandes doses nunha obra que constitúe unha alegación contra os prexuízos e a teima de pechar os ollos ante as inxustizas.
____
Editorial: Baía 11- 2022Idioma: Galego