Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

A MAQUINA OUSADA

€17,95
ISBN 9788484874867
Eduardo Pondal foi o máis parecido a un escritor profesional que houbo entre nós, por non estar obrigado a gañar a vida e ter o tempo todo para o labor literario en que esgotou a súa vida, realizado cun rigor impar e, no entanto, moitas veces mal entendido, até se difundir a tristísima imaxe dun autor machista, racista, louco ou... nefelibata, hoxe común cando se fala do de Ponteceso.    

Este libro quere contribuír á superación de tales prexuízos cunha lectura atenta dos Queixumes dos pinos e esclarece como tal obra mestra trae ao primeiro plano a constitución da literatura nacional e torna visíbeis os múltiplos problemas que os escritores do Rexurdimento enfrontan na construción dos textos para conseguiren comunicar eficazmente co seu público, vencendo as limitacións dun contexto cultural españolizado. Os Queixumes adquiren sentido cabal se os interpretarmos como unha resposta á punxente situación da Galiza nos mediados do Século XIX e, entón, aparécennos caracterizados pola tensión estabelecida entre o alento emancipatorio que bole nos poemas e a lúcida consciencia da submisión colectiva que abafa o diálogo creador da comunidade.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego