Manuel Veiga
Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía. Exerceu o seu labor xornalístico, durante vinte e sete anos, no semanario A Nosa Terra, do que chegou a ser director. Como escritor, escribiu, entre outras, as novelas O exiliado e a primavera (Premio Xerais 2004) e Lois e Helena buscándose nun día de tormenta (Premio García Barros 2006), ademais de ensaios como Galicia contada aos non galeguistas (2020) e Que sabes da Guerra Civil e o franquismo? (2021).