Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A IDENTIDADE FASCINADA

€14,00
ISBN WP3296
Unha xeración multitudinaria chega a Santiago de Compostela na década de 1980: a primeira xeración que respira liberdade.

A cidade multiplícase, compartindo a estreita veciñanza dos barrios -orballo, cal, bronce, sol, forxa e perpiaño- coa millarenga e as luces de neón. Un recendo a novo e a comezo, a fotocopia, a noite e a bar de estudante, enche as súas rúas. É a década álxida, chea de frescura e de vivencias, da que xorden eses momentos e sensacións que se han esboroar -mais nunca esquecer- co atentado contra a discoteca Clangor. A identidade facinada á unha novela híbrida, ensaio novelado ou crónica ensaística dunha época irrepetible, que é tamén memoria dos lugares, das persoas, personaxes e significados dun tempo incomparable: o da Compostela universitaria e sublime dos anos oitenta.

____