Iluminounos o lume
esa luz que seduz
à nosa mirada pasmada
desde lonxe atrapada
azanounos a acendalla
deunos azos pra matar
e matar e matar o lume
num combate a morte
corpo a corpo incorporados
a esa loita titânica
sobre-humana
seguiu um rastro de borralla
cor pardomonte
hoxe como antonte
o monte mormente queimado
ondà igrexa do val
adoramos a baal
anduvemos arrastros
por culpa de zoroastro
derrubando valados.
_____
Editorial: COMPANHA EDITORA 03-2025
Idioma: galego
Páxinas: 107
POESÍA