Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A FROITA DO COÑECEMENTO

€19,90
ISBN 9788412249941

A vulva contra o patriarcado.


Liv Strömquist enfoca con orixinalidade a historia dos xenitais das mulleres nesta obra gráfica instrutiva e tremendamente divertida. Nun colorido mosaico que vai desde a Grecia antiga até a actualidade, a autora desvela séculos de represión sexual e rompe con numerosos prexuízos. Por estas páxinas deambulan, entre outros personaxes, a Bela Dormente, deusas hindús e bruxas medievais, Sartre e Freud.

Cunha documentación minuciosa e cun humor mordaz, Strömquist debuxa a percepción que a sociedade tivo da vulva, o clítoris e a menstruación ao longo da historia. Expón, así mesmo, os mecanismos de estimagtización, politización e patoxilización dos xenitais das mulleres, e o efecto devastador que isto tivo na súa sexualidade.

Na miña cona non manda ninguén. Así se podería resumir a máxima que guía a autora nesta obra gráfica de humor cáustico e documentación precisa. Velaquí en edición galega o maior éxito internacional da feminista e debuxante sueca Liv Strömquist. 

Ao longo dos capítulos, Strömquist debulla os terribles mecanismos patriarcais de patoloxización do corpo e da sexualidade das mulleres. Comeza polo top-7 dos homes que se interesaron de máis por iso que se adoita designar «órgano sexual feminino». Son temas, entre outros, o sistema sexual binario, as intervencións cirúrxicas en bebés intersexo, o clítoris e os orgasmos vaxinal e clitorídeo. Máis adiante, dedica un capítulo á menstruación e á construción do noxo. Basta analizar o discurso perverso da publicidade de compresas e tampóns que vende «limpeza e seguridade» para recoñecer a súa actualidade.

Neste colorido mosaico que vai desde a Grecia antiga até a actualidade, a autora desvela séculos de represión sexual e rompe con numerosos prexuízos. Fronte á conceptualización dos xenitais das mulleres como algo incompleto, Strömquist recolle un vasto repertorio de exhibicións da vulva en diferentes culturas e momentos históricos.

A obra de Strömquist podería cualificarse de cómic-ensaio: usando o debuxo, con moito humor e retranca, a autora condensa aquí perfectamente un extenso traballo investigador.

____

Editorial: Catro Ventos
Idioma: Gallego