Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A FESTA DE SAN XOÁN

€9,00
ISBN 9788476800157
Unha das celebracións festivas más arragaidas e importantes da Galicia tradicional e a Festa de San Xoán. O ritual co que máis se identifica a noite de san Xoán son as fogueiras que se prenden na tarde-noite do día 23, tamén chamadas cacharelas, cachadas, cachelas ou lumeiradas.
Orixe
Crese que as primeiras manifestacións aparecen ao redor do 5000 antes de Cristo, e que serían os celtas os iniciadores, aínda que non hai certeza disto. Na cultura celta, os druídas celebraban o Alban Heruin no solsticio de verán acendendo grandes fogueiras coas que se buscaba a beizón para as terras e os seus froitos, así como bos augurios para as parellas e fertilidade para as mulleres. Era unha cerimonia sagrada na que os druídas invocaban o poder do sol e os elementos da natureza.
A orixe deste festexo anterior á chegada do cristianismo, celebrase o solsticio de verán, do cal xa temos constancia desde o principio dos tempos. Esta data ten moitísima tradición en Galicia, cun forte arraigo antropolóxico.
Na fronteira que marca o solsticio de verán, o lume purificador e o fume que desvía o bruxerío, dánnos conta antropolóxica dun pasado pagán.
Os ritos
A noite de San Xoán é unha noite máxica que conta con multitude de ritos asociados ao lume e á auga e na que as ondas do mar, as fontes milagreiras, as cacharelas e as plantas, cobran unhas propiedades curadoras.
Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de san Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en manantiais ou con auga de rosas.
Hai zonas onde existe o costume de celebrar certos ritos de paso sobre as lapas ou sobre o fume para curar certas enfermidades. Poden facerse entre dúas mulleres chamadas María ou entre unha muller con este nome e un home chamado Xoán, que se pasan mutuamente o meniño enfermo mentres din:
Enfermo cho entrego
devólvemo san.
Ó rematar, sempre cun número impar de pases, envolven ó rapaz nunha saba de liño nova, que nunca fose lavada.
Para protexe-las casas da acción das bruxas colócanse ramos de flores, cardos ou espadanas nas portas e ventás. As primeiras, polo seu recendo, combaten o Mal; os segundos fano coas súas espiñas e as terceiras coas súas follas, imitantes dunha espada.
“Por San Xoán a sardiña molla o pan”, di o refrán e así se cumpre na práctica totalidade das celebracións galegas. Antes de que o fume das fogueiras se deixe sentir no ambiente, é o aroma das sardiñas asadas acompañas con pan (de millo preferentemente) o que se fai presente como outro símbolo máis da velada. O viño que acompaña a ese saboroso peixe e a queimada, co seu rito e o seu significado purificador, son outros dous ingredientes que non poden faltar en moitas das celebracións do San Xoán.

____

Editorial: IR INDO
Idioma: Galego