Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A ESTRELA QUE NOS GUÍA

€10,00
ISBN 9788409514502

O galego entre un pasado brillante e un incerto futuro.

Xosé Ramón Freixeiro Mato (Cances-Carballo, 1951) licenciouse en Filoloxía Románica (subsección: Español) no ano 1977 e en Filoloxía Hispánica (subsección: Galego-Portugués) no ano 1983 na Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o grao de doutor en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) en 1992 na Universidade da Coruña. Na actualidade é catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa nesta mesma universidade.

A súa actividade investigadora ten como liñas fundamentais a gramática galega, a lingua literaria e a estilística, ben como a relación entre lingua galega e sociedade, tanto na perspectiva histórica como actual. Resultado desa actividade é a publicación de diversas monografías e outros contributos científicos, como artigos especializados en revistas e libros colectivos, alén de traballos de carácter divulgativo.

No relativo ao estudo, entre outros aspectos, da lingua e estilo de diferentes autores destacan de modo especial as achegas sobre Noriega Varela, mais tamén son obxecto de especial atención outros escritores como Rafael Dieste, Manuel García Barros, Sebastián Martínez-Risco ou Manuel María.

Obtivo o Premio Literario ‘Ánxel Fole’, de ensaio, en dúas ocasións, a primeira en 1993 por Da montaña o corazón (Produción literaria e lingua en Noriega Varela) e a segunda en 2006 por Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María. Tamén gañou por dúas veces o Premio da Crítica de Galiza na modalidade de investigación, unha en 2006 pola obra Os marcadores discursivos. Conectores contraargumentativos no galego escrito e outra en 2014 por Estilística da lingua galega.

Dirixiu a Revista Galega de Filoloxía durante varios anos e na actualidade fai parte do seu Comité Científico. Tamén pertence a comités do mesmo tipo doutras destacadas publicacións e colabora como avaliador externo dalgunhas revistas especializadas.


____

Editorial: Fundación Moncho Reboiras 07-2023
Idioma: Galego