Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

A ESMORGA (DVD PELÍCULA)

€11,00
ISBN WP3979
2014. Longametraxe en Cine Dixital/ Alta Definición (HD). 111 minutos. Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.

Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor do mesmo título. Actores: Cibrán (Miguel de Lira), O Bocas (Karra Elejalde), Milhomes (Antonio Durán (Morris). Rodaxe: 20 de xaneiro ata 27 de marzo 2014. Lugares de rodaxe: Provincia de Ourense: Cidade de Ourense, O Carballiño, Ribadavia e Boborás. Provincia de Lugo: Monforte de Lemos, O Saviñao, Ferreira de Pantón. Provincia de A Coruña: Concello de Touro. Estrea: Venres, 21 de novembro 2014, nos cines de todas as cidades e vilas. Venres, 8 de maio de 2015, nos cines de Madrid, Barcelona, Euskadi, Navarra e Illas Balears. Dirixida por Ignacio Vilar

____

Editorial: Vía Lactea Filmes
Idioma: Gallego