Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

A ESCOLA DA LAREIRA II

€15,00
ISBN 9788496673328

A escola da lareira é un ensaio que se inscribe na literatura popular de tradición oral.
O autor recolle unha abondosa manchea de documentos orais –"Curiosidades e entretementos", máis de 600 adiviñas, 88 contos, máis de 170 lendas, preto de 200 romances, celebracións, panxoliñas e aguinaldos, e 59 oracións– distribuídos en oito capítulos precedidos cada un deles dun breve estudo introdutorio.
A amplitude da área xeográfica de recolleita, que comprende aproximadamente as provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra –cada documento ou variante vai perfectamente identificado polo lugar concreto de recollida, sinalándose só nalgúns casos o nome e outros datos do comunicante–, foi posible grazas á colaboración inestimable do profesor Manolo Castro Mera.
O labor deste silencioso investigador subministrou, practicamente, todo o material correspondente á provincia de Ourense e, en boa medida, o que se recolleu na provincia de Pontevedra.

_____

Editorial: Toxosoutos  08/2007
Idioma: Galego
Páxinas: 344
MÚSICA
MÚSICA TRADICIONAL