Correr. Vivir. Sobrevivir.
Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo?
Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterior da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola dende a primeira páxina grazas a unha narración áxil e intensa. A Diagonal dos Tolos é unha fiestra aberta aos vieiros tortos que dan forma á historia da humanidade.
____