Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A COMUNA DE VALDONELLE

€17,00
ISBN 9788418136870
Arquitecturizada con indubidable solvencia narrativa, A comuna de Valdonelle destaca polo interesante perfilado dos seus personaxes e a eficiente progresión dunha trama que leva con forza da man ao lector ata a derradeira páxina.
Cal "neohippies", os heroes de Carlos Neira artellan unha comuna rural, pretexto para unha historia realista con aires ata certo punto neocostumistas, peneirados polo socialrealismo, ao Neira Vilas, se se quere, e mesmo coa presenza axeitada de "balbino" como adxectivo.
Unha lectura na que se reflicte o complexo mundo das relacións interpersoais a través dunha ficción baseada na construción dunha sorte de comuna societaria no rural, con todas as tensións que isto desata e o que de experimento social espella.

____

Editorial: Edicións Fervenza 12-2022
Idioma: Galego