Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

A COMPOSTELA DE BEGOÑA CAAMAÑO

€20,00
ISBN 9791399077827

LETRAS GALEGAS 2026

Unha biografía de Begoña Caamaño.

«Begoña Caamaño —xornalista de profesión e escritora de vocación, como ela mesma confesou— fixo máis rico o territorio de Compostela cun camiño de pegadas, un ronsel feito de traballo, de loitas, de amizades, de cultura e relatos, de xustiza, de músicas, de sorrisos e luz».
Con estas palabras, a historiadora Encarna Otero achégase, nesta terceira entrega da serie Mulleres en Compostela, á personalidade de Begoña Caamaño —autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026—, a propósito daqueles espazos de Santiago nos que se desenvolveu a súa vida, ilustrados pola sobresaínte acuarelista taiwanesa Pascale Lee. Esta edición conta ademais cun retrato da autora realizado polo afamado artista madrileño Fernando Vicente, ben coñecido pola súas colaboracións no suplemento cultural Babelia, e cunha fermosa ilustración do galego Miguelanxo Prado, creada especialmente para agasallar a memoria desta escritora prematuramente desaparecida.

Encarna Otero segue a ofrecer sucintas biografías de mulleres «que traballaron e viviron iluminando a contorna de Compostela; mulleres que coidaron, amaron e fixeron andainas de sosego e de loitas. Elas crearon novos territorios e, por esas andainas que elas abriron, circulan hoxe miles e miles de mulleres novas que pisan terreos xa consolidados». novidades Edicións de luxo ao alcance de todos!

_____

Editorial: EL PATITO EDITORIAL  03-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 72
BIOGRAFÍA
ILUSTRADO
MULLERES EN COMPOSTELA