Ir a contenido
📆 Los pedidos realizados durante Semana Santa se enviarán a partir del 23 de abril. 📦 Gastos de envío 3,50€!
📆 Los pedidos realizados durante Semana Santa se enviarán a partir del 23 de abril. 📦 Gastos de envío 3,50€!

A BIBLIA

€35,00
ISBN 9788473370714

(4ª EDICION).
TRADUCION AO GALEGO DENDE AS LINGUAS ORIXINAIS

A traducción que presentamos foi feita partindo das linguas orixinais: hebreo, arame o e grego. Primeira edición coa aprobación da Conferencia Episcopal Española segundo certificación do Secretario Xeral da mesma do 10 de marzo de 1989. Segunda edición coa aprobación da Conferencia EspiscopaI Española.

REVISION LING.2021

A primeira tradución da Biblia á lingua galega empezou en 1968 liderado pola editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos de Vigo), e publicouse en 1989.

Tralo Concilio Vaticano II comezou a formularse a posibilidade de traducir a Biblia completa en lingua galega, e en 1973 o consello de administración da SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, creada en 1966) decidiu levar a cabo o proxecto. Creouse un grupo de traballo coordinado por Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga, do que formaban parte Martín María Díaz, Xesús Ferro Ruibal, Anxo González Núñez, Emilio Losada Castiñeiras, Xosé Antón Miguélez Díaz, Francisco Pérez Santalices, Manuel Regal Ledo, Xosé Rodríguez Carballo, Xoán Carlos Rodríguez Herranz, Xosé Manuel Rodríguez Pampín e Xosé Antonio Salgado Agromartín.

En 1980 saíu a tradución do Novo Testamento, e a edición completa da Biblia en galego apareceu en 1989, tomada directamente do hebreo, arameo e o grego. En 1990 acadou o Premio Nacional de Tradución de España.

No ano 2022 presentouse a cuarta edición da Biblia en galego

____

Editorial: SEPT  04-2022
Idioma: Galego
Páxinas:
RELIXIÓN E CRENZAS
TAPA DURA