{"product_id":"a-baralla-da-istoria","title":"A BARALLA DA ISTORIA","description":"\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003e \u003cstrong\u003e A Baralla da Istoria\u003c\/strong\u003e é unha das grandes novidades culturais creadas para a \u003cstrong\u003eFesta da Istoria de Ribadavia. \u003cbr\u003e\u003c\/strong\u003eDeseñada polo artista \u003cstrong\u003eXoán González\u003c\/strong\u003e, destaca por ser a \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eprimeira baralla do mundo con 7 paus e un total de 100 cartas\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e.\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003eOs seus aspectos máis salientables son:\u003cspan\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cul class=\"KsbFXc U6u95\"\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eInspiración medieval e máxica:\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Trátase dun mazo de naipes de coleccionista cuxa iconografía e deseño están inspirados directamente na historia, personaxes e na maxia que rodean á famosa celebración medieval de Ribadavia.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cspan\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eFin solidario coa festa:\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e O proxecto foi doado integramente polo seu autor, Xoán González, co obxectivo de que todos os beneficios obtidos pola súa venda vaian destinados a financiar e apoiar a organización da Festa da Istoria.\u003c\/span\u003e \u003c\/li\u003e\n\u003c\/ul\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eXogo de Naipes que nace do espírito integrador da Festa da Istoria.\u003c\/strong\u003e \u003cbr\u003eOs deseños están realizados a acuarela e, lonxe de ser arcaizantes, teñen unha estrutura xeométrica moi evidente. Toman como referencia as primeiras barallas tipo estampa, con figuras ao xeito das hispanonapolitanas, non reversíbeis. Ten sete paus, catorce cartas por pau e dous comodíns; en total, cen cartas.\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEsta Baralla da Istoria recolle elementos medievais tanto da nosa cultura como de fontes alleas. Malia isto, non quixéramos que se interpretase como unha recuperación histórica senón como unha obra de autor. Podedes atopar incoherencias, naturalmente, pero están feitas a mantenta. Descoiden vosas mercés se ao facelo ferimos algunha sensibilidade.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cstrong\u003eSete Paus e Catro Figuras\u003c\/strong\u003e \u003cbr\u003eDende as súas orixes orientais, os naipes baséanse nunha visión simplificadora da sociedade, como se estivese formada por só catro castes. Nós vemos esta división cativa e enganosa. Hai grupos de persoas que só as poderiamos encaixar nesas castes de xeito artificioso: artistas, científicos, médicos, arquitectos, artesáns, escritores, a xente do mar enteiro... a que castes pertencían? \u003cbr\u003ePoderiamos concibir as culturas de calquera tempo e lugar se prescindísemos do quefacer cotián deles? Esa e non outra é a razón de que a nosa creación estea composta por sete paus. Eis as persoas que cada un deles representa:\u003cbr\u003e• Ouros: As adiñeiradas... (era sabido). \u003cbr\u003e• Copas: Ao clero... (tamén coñecido). \u003cbr\u003e• Espadas: As militares... (moi evidente tamén). \u003cbr\u003e• Barcos: As navegantes e transportistas en xeral... (ignoradas). \u003cbr\u003e• Bastos: As campesiñas... (moi obvio así mesmo). \u003cbr\u003e• Libros: As eruditas, científicas, mestras... (ignoradas incomprensibelmente). \u003cbr\u003e• Máscaras: A toda xente da arte (ignorada, sen escusas). \u003cbr\u003eOutra particularidade desta baralla é que ten catro figuras e non tres como teñen a española e mais a inglesa: Sota, Cabalo, Raíña e Rei. \u003cbr\u003e\u003cbr\u003eNos séculos XIII e XIV as barallas española e italiana occidentalizaron as figuras dos reis, vicerreis e vicerreis segundos das cartas mamelucas e así crearon as sotas, cabalos e reis. Parece ser que foi o tarot quen lle sumou máis tarde ás raíñas. A francesa, xa no século XV, escolleu as raíñas e rexeitou os cabalos. Nós preferimos optar polas catro figuras ao parecernos máis igualitaria.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCatro Cores \u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003eTodas as nosas cartas teñen na esquina superior esquerda un remate ornamental co símbolo do pau e uns distintivos de orde (letras ou números). As súas cores son: \u003cbr\u003e• Rubí, para ouros e copas. \u003cbr\u003e• Zafiro, para espadas e barcos. \u003cbr\u003e• Esmeralda, para bastos e libros. \u003cbr\u003e• Ouro, para máscaras. \u003cbr\u003eEsta división cromática é tamén a predominante nas ilustracións das figuras e serve para xogadas de emparellamento por cores, coma nos solitarios por exemplo. O ouro das máscaras pode usarse como cor comodín que combina con calquera das outras tres. \u003cbr\u003e\u003cstrong\u003e\u003cbr\u003eCartas Numéricas e Cartas Literais\u003c\/strong\u003e \u003cbr\u003eMalia que o aspecto xeral da baralla é de estilo hispano-napolitano, a numeración segue o estilo inglés. Así, hai cartas numéricas e literais: as numéricas van do 2 ao 10, ambos os dous incluídos, repetindo as imaxes do pau tantas veces como indica o número; as literais corresponden ao ás e mais ás figuras, están marcadas con letras: o ás, cun A; a sota, cun S; o cabalo, cun C; a raíña, cun (erre con til); e o rei, cun R. \u003cbr\u003eAs figuras amósanse interactuando con cadanseu símbolo do pau: unhas terman del, outras manéxano e outras amósano, agás o cabalo de libros, que simplemente o acompaña.\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Coordinadora  08-2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003eCartas: 100\u003cbr\u003ePáxinas: 48\u003cbr\u003eHISTORIA\u003cbr\u003eFESTA DA ISTORIA\u003cbr\u003eRIBADAVIA\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e \u003c\/p\u003e","brand":"Xoán González","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54162577326427,"sku":"9788409898732","price":25.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/61fa493d-1c57-44ab-ad1e-23a5a69727b4.jpg?v=1790102668","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/a-baralla-da-istoria","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}