
O Club de Baloncesto da Carrasquiña non pasa polo seu mellor momento Cando ían perdendo todos os partidos e as xogadoras e xogadores estaban a piques de tirar a toalla, aparece, como enviado polo destino, un novo e curioso adestrador que os converterá na auténtica Banda dos Insectos. A través de divertidas cancións, aprenderalles valores que nunca deberán esquecer para ser un verdadeiro equipo: compañeirismo, respecto, igualdade, solidariedade, integración... E que tamén lles servirán para entender e mellorar as súas propias vidas.
Novela Xuvenil e música rock-heavy. O Club de baloncesto Carrasquiña non pasa plo seu mellor momento...
Valores sociais que se tratan, entre outros: integración compañeirismo solidariedade educación ambiental CELTIA FIGUEIRAS
Escritora, Titiriteira e Contadora de historias comeza no 2007 a súa andadura no teatro profesional como dramaturga e actriz na compañía de monicreques “A Xanela do Maxín” para, no 2015 comezar cos contos como un xeito de reivindicar a narración oral como unha parte indispensable da pedagoxía infantil.
IAGO ARAUJO Ilustrador
Técnico superior en gráfica publicitaria (Aula D 2000-2003), é ilustrador e deseñador freelance dende o ano 2000, con gran parte da súa obra como debuxante dedicada á elaboración de proxectos divulgativos destinados ao público infantil-juvenil. Desde o 2011 dirixe e dá clase na súa propia academia “clases comic vigo”
É membro da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).
A BANDA DOS INSECTOS
Os seus integrantes son Adrian Salgado (batería e voz), Jacobo Rosselló (guitarra) e Eduardo Cadenas (Baixo). Nace como un proxecto educativo-musical que busca familiarizar ás crianzas co baloncesto, pero tamén con valores como o xogo en equipo, o compañeirismo ou a integración empregando como vehículo a música rock en galego. Eles combinan a súa paixón e experiencia na música coa súa condición de formadores co obxectivo de que as crianzas reciban unha educación integral e aprendan dunha maneira divertida.
____
Editorial: Guindastre 10-2019
Idioma: Galego
Páxinas: 86
NARRATIVA INFANTIL