Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A ABELLA MAIA E AS SÚAS AVENTURA

€16,00
ISBN
A abella Maia abandona a súa colmea levada polo seu espírito curioso e independente. Na súa exploración do mundo exterior aprenderá leccións vitais sobre a cooperación, a valentía e a lealdade.

Dende a súa publicación en 1912, as aventuras da abella Maia ocuparon un lugar destacado na literatura infantil e xuvenil,  cunha substancia política e filosófica que admite lecturas adultas, e adaptáronse a múltiples formatos, dende películas e series de animación a obras de teatro e musicais.

TEMÁTICA:Animales, Aventuras, Clásicos, Ficción, Naturaleza

Waldemar Bonsels

A obra escrita do alemán Waldemar Bonsels (1880-1952) abrangue dende novela negra ata relatos filosóficos, pasando por literatura de viaxes e estampas naturalistas.

Acredor no seu tempo de grande éxito e sona, o seu legado máis duradeiro foi a entrañable personaxe da abella Maia, unha contribución ó universo cultural infantil que as súas controvertidas actitudes nos anos do nazismo e da posguerra non lograron empanar.

Na lápida de Bonsels figura a última frase do segundo libro sobre Maia: «Todos nacemos da ledicia e a ela retornamos».

____

Editorial: Sushi book 01-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 160
A PARTIR DE 11 ANOS