
SERVIR ERA O PAN DO DEMO. HISTORIA DA VIDA COTIÁ EN GALICIA. (SÉCULOS XIX E XX)
Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos. Unha entretida viaxe no tempo cara ao cerne do que somos nós mesmos.
O autor manexa fontes de todo tipo (literarias, etnográficas…) para construír un ameno relato que recrea a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX. Este volume vén encher un baleiro existente na historiografía contemporánea ao se achegar ás galegas e galegos “normais” para saber como comían, bebían, cantaban, namoraban… en definitiva, como era a vida segundo a clase social á que pertencecen, pois non era igual para os fidalgos que para os labregos, para os burgueses que para as serventes. Nada é alleo á pescuda e ao estudo do autor, e así, a familia, a vivenda, a roupa, a hixiene, os labores e atafegos económicos… Unha entretida viaxe no tempo cara ao cerne do que somos nós mesmos.
Xavier Castro Pérez
(Cangas, 1954) impartiu docencia nas Universidades de Santiago e Rennes, e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Dirixiu proxectos de investigación histórica e asesorou pezas audiovisuais e series televisivas. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica. Entre as súas publicacións destacan: A lume manso (Galaxia, 1998), Ayunos y yantares (Premio Nacional de Gastronomía 2001), A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia (Galaxia, 2010), A mesa e manteis (Premio Gourmand World Awards 2010), Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Século XIX e XX (Galaxia, 2019. Premio de Investigación Ferro Couselo) e Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia (2023), entre outros. Recibiu o Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015 polo seu labor como investigador e divulgador da historia da alimentación en Galicia.
____
Editorial: Galaxia 12-2019
Idioma: Galego
Páxinas: 560
Col: Ensaio 99