13 ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA PRÓXIMA — Librería Abrente Ir a contenido

13 ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA PRÓXIMA

por VV.AA
€20,00
SKU 9788494570179
Son 13 poetas que rondan a trintena e que publicaron o seu primeiro libro despois do 2005, ano no que as eleccións autonómicas abriron en Galicia un período histórico de novas circunstancias políticas e sociais.

Neste sentido, os 13 poetas seleccionados por María Xesús Nogueira permítenlle ás lectoras e aos lectores descubrir u­nha paisaxe até agora nunca abordada: a que emerxeu dunha longa transición democrática e das tensións estéticas provocadas pola crise económica. Trátase dun proxecto inédito de colaboración editorial que traslada simultaneamente a dous idiomas un fenómeno poético en plena ebulición creativa. As diferentes propostas tratan -conclúe Nogueira- un rico repertorio temático que abrangue desde os topoiuniversais, como o amor, o paso do tempo, a morte, até os conflitos do presente, con rexistros poéticos heteroxéneos que rexeitan o barroquismo e desconfían da propia linguaxe e da “confesionalidade” da poesía, -establecendo distancias e desenvolvendo unha dimensión ficcional-, buscando a “naturalidade, a expresión núa, o discurso magmático, o gusto conceptual”, ou a hibridación con outras formas de expresión. Mais, -resume-, nestas actitudes é onde podería residir a “novidade” destes trece autores e autoras, ben coñecedores “do substrato poético que están a pisar e para os que a etiqueta novos resulta simplificadora demais e necesariamente transitoria”. Polo menos, podería engadirse, ata que sexan reivindicados outros “novos”, malia que tampouco é excepcional que os mesmos e as mesmas “novos” estean a ser así significados durante moitos anos, tendo xa traxectorias máis ou menos consolidadas.  



Editorial: Chan da Polvora
Idioma: Castellano