Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

1+1=3

€10,00
ISBN 9788494273957
A fórmula matemática que bautiza este libro apunta á sinerxia onde o proceso de sumar forzas –neste caso a través dun diálogo poético- vai máis alá do resultado estético que se obtería individualmente.

Ramos e Meyer interpélanse desde a anonimia autorial para o lector e así comparten un discurso que ara en sucos comunicativos desde os que partillar visións, imaxes e reflexións para afondar en conceptos como o paso do tempo, o exilio, a fuxida ou as fronteiras. Escrita cóncava onde as palabras, elásticas, rebotan e deseñan órbitas inesperadas. Ramos, Baldo (Celanova, 1971) cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Ten publicado, entre outros, os libros: Palimpsesto (2009) e Cartografía do exilio (2014). Recibiu numerosos premios, entre outros, o Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Concello de Carral, Fiz Vergara Vilariño, e foi accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara e do Premio de Poesía Miguel González Garcés. Franck Meyer (1968) Fillo da fronteira da Lorena francesa co Sarre alemán, profesionalmente ligado ao mundo editorial, estudiou Filoloxía Hispánica e Francesa e Ciencias Económicas nas universidades de Tréveris (Alemaña) e Santiago de Compostela. Traballou no Centro de Documentación de Galicia da Universidade de Tréveris e foi coordinador da revista Galicien Magazin, órgano oficial da Sociedade Galego-Alemana, así como, durante varios anos, editor e xefe de comunicación en Editorial Galaxia.

____

Editorial: Positivas
Idioma: Gallego