{"product_id":"un-democrata-fronte-a-barbarie-fascista","title":"UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA","description":"\u003cdiv id=\"idatder\"\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eVida e martirio de Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940)\u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cem\u003eEnrique Peinador Porrúa\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003emorreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista, militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións da segunda. A guerra, con toda a súa crueza, esmagou vidas e proxectos e o réxime lexítimo da Segunda República só tiña unha resposta: resistir.\u003cbr\u003eFillo de Enrique Peinador Lines. Avogado laboralista, fiscal, secretario da Academia de Jurisprudencia y Legislación. Foi secretario do Lar Gallego de Madrid. Colaborou en Galicia en Madrid. Militou en Izquierda Republicana. En 1935 editou o periódico ¡Amnistía! para defender aos procesados polos sucesos de outubro de 1934. Durante a guerra civil foi dirixente das Milicias Populares Galegas. Despois da guerra foi xulgado e executado o 27 de abril de 1940 no cemiterio do leste de Madrid.\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cem\u003ePeinador\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/em\u003efoi un home lonxe de apaixonamentos revolucionarios, non era un marxista. Cría nas leis, na tolerancia e no respecto. Tamén na igualdade e na solidariedade. Por iso, custa entender que un tribunal militar ditase a última pena contra el e outras 43 persoas nun célebre e irregular consello de guerra celebrado no Madrid da posguerra. A xustiza de Franco aplicada dende unha óptica vingativa, sen garantías xurídicas e cunha mensaxe carente de humanidade.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eA presenza como xuíz de\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003ePeinador\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/em\u003eno Comité Provincial de Investigación Pública así como o seu paso en calidade de fiscal acusador contra elementos da Quinta Columna madrileña, pesaron máis que os informes favorábeis de moitos dereitistas salvados dunha morte segura por Enrique. Inocente en todos os sentidos, o seu fusilamento respondeu a súa condición de vencido e, en especial, ao carácter de exemplaridade do tribunal fascista que, de maneira alucinante, xulgou acusando de rebelión militar a aqueles que permaneceran fieis ao réxime constitucional e lexítimo.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eFrancisco Xavier Redondo Abal\u003c\/strong\u003e (Pontevedra, 1964) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, institución na que traballa como bibliotecario.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eCoa recuperación da memoria histórica democrática como eixe das súas investigacións, publicou artigos en\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eA trabe de ouro\u003c\/em\u003e,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eTerra e tempo\u003c\/em\u003e,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eMurguía\u003c\/em\u003e,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eGrial\u003c\/em\u003e,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eLuzes\u003c\/em\u003e,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eGalegos\u003c\/em\u003e,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eMadrygal\u003c\/em\u003e,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eAnuario brigantino\u003c\/em\u003e,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eInzar razóns\u003c\/em\u003e,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eClaridade\u003c\/em\u003e... e deu ao prelo libros como\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003ePercorrendo a catástrofe\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2005),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eBotarse ao monte\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2006),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eAlfonso Ortega Prada: memorias de un socialista perseguido por el fascismo\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(con Pilar Ortega González, 2007),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eMemoria(s) de Marcelino Fernández Prada, un alcalde socialista e revolucionario\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2007) e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eA memoria dos libros\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2008).\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEn Laiovento publicou os seguintes ensaios:\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eO fulgor e as tebras\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2009),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eProceso a una biblioteca\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2010),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eO mar e a memoria\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2012) e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eBibliotecarias e bibliotecarios ‘infames’\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2014). Xunto a Margarita García Candeira foi responsábel do catálogo\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eBiblioteca de José Ángel Valente\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(USC, 2016).\u003cbr\u003e_____\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Laionento  04-2026\u003cbr\u003eIdioma: CGalego\u003cbr\u003ePáxinas: 168\u003cbr\u003eENSAIO\u003cbr\u003eHISTORIA\u003cbr\u003eFRANQUISMO\u003cbr\u003eREPRESIÓN\u003cbr\u003ePOLÍTICA\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e \u003c\/p\u003e","brand":"Francisco Xavier Redondo Abal","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52780386025819,"sku":"9788484877677","price":17.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/i1417_1354.jpg?v=1775677810","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/un-democrata-fronte-a-barbarie-fascista","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}