{"product_id":"tiempo-y-viaje-en-la-compostela-medieval-estudios-sobre-tiempo-individuo-y-peregrinacion-en-la-edad-media","title":"COMO FACER COUSAS CON PALABRAS","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eSe por algo vai ser recordado este libro de filosofía é pola teoría que desenvolve, a dos actos de fala. Non é propiamente un libro de lingüística porque non se concentra na oración ou nalgún dos seus equivalentes actuais en uso (proposición, sentenza, cláusula, frase...). O seu obxectivo principal é a acción que se exerce a través da linguaxe, son os actos de fala. É unha visión filosófica da linguaxe. Austin inaugura para a filosofía e a ciencia da linguaxe un fértil ámbito de estudo no que se segue a debater sobre a mellor maneira de tratar a complexa relación entre as palabras e a acción. A teoría dos actos de fala ten un enorme potencial para achegarse a cuestións políticas coma a da inxustiza discursiva dentro da filosofía feminista da linguaxe, a ámbitos como a filosofía do humor a través do estudo dos actos de fala humorísticos, á filosofía do dereito (en particular, á cuestión de como se cometen delitos con palabras), á ontoloxía do social ou ao estudo da diversidade cultural nas formas en que a xente trata de realizar accións verbais dentro dunha interacción social. Discorrido máis de medio século dende a publicación desta obra, as ideas de Austin seguen a evidenciar o seu impacto sobre o pensamento contemporáneo. \u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: USC 10-2025\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 249\u003cbr\u003eLINGÜÍSTICA\u003cbr\u003eFILOSOFÍA\u003c\/p\u003e","brand":"Austin, John L.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51643777778011,"sku":"9788410142428","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/GetImage_7a002229-01ef-493c-be3e-c0ed559fd86c.jpg?v=1761838455","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/tiempo-y-viaje-en-la-compostela-medieval-estudios-sobre-tiempo-individuo-y-peregrinacion-en-la-edad-media","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}