{"product_id":"rastros-1","title":"RASTROS","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eUnha muller do Paleolítico discute co seu clan se un bebé sen pelo merece vivir. Un cabaleiro franco redacta unha doazón solemne para lle asegurar a casa, as vacas e unha pedra milagreira ao home a quen ama. Un mozo de hoxe, en Santiago de Compostela, busca sexo sen preservativo baixo a protección química das pílulas mentres tenta persuadirse de que o medo tamén pode ser un sistema filosófico En Rastros, Carlos Lixó percorre milenios e xeografías para construír unha arqueoloxía imaxinaria do desexo. Convértese nun falso editor de documentos -cartas feudais, actas inquisitoriais, crónicas de conquista, lendas, diarios contemporáneos- percorridos por un mesmo fío invisible: a violencia normativa sobre os corpos desviados e a maneira en que a historia os ordena e os castiga. Cada un dos relatos que compoñen este libro é unha peza autónoma e ao mesmo tempo unha cámara dun único arquivo imposible e asombroso. Cunha prosa afiada e brillante, sen concesións nin solemnidade, o autor propón un xogo serio no seu extraordinario debut na narrativa: volver ler o que sempre estivo escrito para procurar aquilo que preferimos non ver.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: \u003cspan\u003eRODOLFO E PRISCILA\u003c\/span\u003e 32-2026 \u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 132\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eFICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Carlos Lixó","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52599435034971,"sku":"9791399170504","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/979139917050.jpg?v=1773666888","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/rastros-1","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}