A PRAIA DA ESPERANZA — Librería Abrente Ir ao contido

A PRAIA DA ESPERANZA

€10,10
SKU 9788497820684
Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afundimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas.

A praia da esperanza é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno.



Editorial: Xerais
Idioma: Gallego