{"product_id":"memoria-do-vivido","title":"MEMORIA DO VIVIDO","description":"\u003cdiv\u003e\n\u003cp\u003e\u003cem\u003eMemoria do vivido\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(Alvarellos Editora) reúne 17 textos nos que Xosé Ramón Fandiño\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003edeixa testemuño dunha vida consagrada á nosa cultura\u003c\/strong\u003e. Reúnense evocacións, entrevistas e artigos dispersos que, no seu conxunto,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003econstitúen un verdadeiro foro de reflexión sobre a historia recente do noso país.\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003eFandiño é filólogo, editor, tradutor e polígrafo comprometido. Polo seu labor profesional, puido protagonizar, no último medio século, momentos decisivos do noso devir cultural, como foi a\u003cstrong\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003edirección da\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eGran Enciclopedia Gallega\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e, os seus anos fundamentais de traballo en\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eSargadelos ao lado de Isaac Díaz Pardo\u003c\/strong\u003e, ou a súa intensa dedicación á Fundación Pedrón de Ouro… E tratar con artistas e creadores como Xulio Maside, Ramiro Fonte, Aurichu Pereira, Carlos García Martínez ou Antonio Fraguas.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eUn apartado especial merecen as e\u003cstrong\u003extensas entrevistas, conversas profundas\u003c\/strong\u003e, que o autor mantivo co artista e empresario\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eIsaac Díaz Pardo\u003c\/strong\u003e, coa poeta Luz\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003ePozo Garza\u003c\/strong\u003e, co historiador\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eXosé Ramón Barreiro\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003eou co arquitecto\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eAndrés Fernández-Albalat\u003c\/strong\u003e. No xogo de preguntas e respostas parece que os estamos a escoitar de novo a todos eles, que reviven para nós.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEstes pequenos ensaios narrativos\u003cstrong\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003ereconstrúen un mapa emocional e intelectual\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003eda Galicia contemporánea.\u003cbr\u003eA capa reproduce unha das obras máis recoñecidas de Isaac Díaz Pardo:\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eXentes que ollan\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(1963).\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003e\u003cstrong\u003eXosé Ramón Fandiño \u003c\/strong\u003e(Santiago de Compostela, 1946) é filólogo e editor. Foi director da \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eGran Enciclopedia Gallega\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e. Autor de abundante obra como ensaísta e colaborador de diversos medios de comunicación, especialmente da Radio Galega, onde o seu programa «Galicia Universitaria» foi distinguido en 1995 co Premio V Centenario. Participou en varios proxectos do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Santiago e da Xunta de Galicia, entre os que destaca o comisariado da exposición itinerante dedicada a Castelao no 2011 con motivo do 125 aniversario do seu nacemento e da exposición \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eAo pé do prelo. Luís Seoane, editor y artista gráfico\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e(2010)\u003c\/span\u003e\u003cem\u003e.\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e Durante dez anos foi colaborador de Isaac Díaz Pardo no Instituto Galego de Información. Sobre a figura de este intelectual comisariou a exposición \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eCon Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e(2018). Así mesmo, é autor do libro \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eIsaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e (2020).\"\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\u003cspan\u003e______\u003c\/span\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Alvarellos\u003cspan\u003e 04-2026\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003eIdioma: \u003cspan\u003eGALEGO \u003c\/span\u003e\u003cbr\u003ePáxinas: 265\u003cbr\u003eENSAIO\u003c\/p\u003e","brand":"XOSÉ RAMÓN FANDIÑO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52918483222875,"sku":"9788418567964","price":21.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/9788418567964memoriadovivido-600x1047.jpg?v=1777981159","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/memoria-do-vivido","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}