{"product_id":"medea-heracles-1","title":"MEDEA. HERACLES","description":"\u003cp class=\"p1\"\u003e\u003cspan class=\"s1\"\u003eMedea chegou a ser unha das traxedias máis valoradas xa non só do seu autor, senón do conxunto da traxedia grega clásica conservada. A día de hoxe, poucos estudos e poucas edicións omiten a etiqueta de “obra mestra” coa que se recoñece a Medea, unha traxedia na que Eurípides exhibe con amplitude o seu talento e os seus recursos como dramaturgo.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"p1\"\u003e\u003cspan class=\"s1\"\u003eEurípides foi un dos primeiros en conferirlle un protagonismo tráxico total a Medea, princesa meiga da Cólquide e filla do rei Eetes, que axuda a Xasón a conseguir os seus obxectivos e acaba casando con el. Nesta traxedia Eurípides buscou afondar no lado máis humano, visceral e violento do heroísmo tráxico.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"p1\"\u003e\u003cspan class=\"s1\"\u003eEn Heracles, Eurípides altera dun xeito significativo a materia mítica da que parte, subvertendo a orde dos acontecementos que era a habitual na tradición oral do mito. Como sucedía en Medea, un dos elementos máis estremecedores do conflito tráxico é un infanticidio, aquí tratado dun xeito probabelmente máis indulxente coa man executora de tal crime.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003e \u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e\u003cstrong\u003eEurípides\u003c\/strong\u003e (s. v a. C.) é o último dos tres grandes autores tráxicos gregos. Se ben no seu momento non gozou do recoñecemento unánime que saborearon en vida os seus célebres predecesores na traxedia, Esquilo e Sófocles, Eurípides si foi distinguido a posteriori como un dos autores máis revolucionarios e interesantes do seu xénero e do conxunto da literatura grega antiga. É, ademais, un dos autores do canon literario grego máis influentes, traducidos e comentados na literatura occidental posterior, logrando que as súas pezas tráxicas baseadas no mito se secularizasen e pasasen polas máis diversas lecturas e interpretacións, enriquecendo a súa achega ás letras universais.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Rinoceronte 03- 2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 154\u003cbr\u003eCLÁSICOS GRECOLATINOS\u003cbr\u003eEUROPA\u003c\/p\u003e","brand":"Eurípides","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52847805792603,"sku":"9788419795762","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/CUB_Medea_c6ec7d31-56c5-4146-a6dd-1e5d3dbddc2b.jpg?v=1776785718","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/medea-heracles-1","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}