Porque Galicia é un vello país que vén de lonxe. Porque aínda quedan mitos sen contrastar con rigor científico. Porque á volta da cultura castrexa son moitas as ignorancias e os mundos por descubrir.
Por estas e algunhas razóns máis, era necesaria unha «Guía dos Castros de Galicia». Os autores dan resposta ás preguntas que nos podemos facer sobre os castros: que son? como vivían os antergos? que ídolos adoraban? ... Completa a guía unha descrición dos castros máis importantes de Galicia —Santa Tegra, Baroña, San Cibrán de Lás...—, como se chega a eles, que se atopou...

____