{"product_id":"grial-250-abr-mai-xun-2026","title":"GRIAL 250 (ABR.MAI.XUÑ.2026)","description":"\u003cdiv class=\"elementor-element elementor-element-470aa72 ob-has-background-overlay elementor-widget elementor-widget-jet-listing-dynamic-field\" data-id=\"470aa72\" data-element_type=\"widget\" data-settings='{\"_ob_perspektive_use\":\"no\",\"_ob_poopart_use\":\"yes\",\"_ob_shadough_use\":\"no\",\"_ob_allow_hoveranimator\":\"no\",\"_ob_widget_stalker_use\":\"no\"}' data-widget_type=\"jet-listing-dynamic-field.default\"\u003e\n\u003cdiv class=\"elementor-widget-container\"\u003e\n\u003cdiv class=\"jet-listing jet-listing-dynamic-field display-inline\"\u003e\n\u003cdiv class=\"jet-listing-dynamic-field__inline-wrap\"\u003e\n\u003cspan\u003eOs medios de comunicación do país.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003ePasado, presente e futuro do xornalismo en galego\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eGRIAL PARGA\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eO xornalismo en galego vive nun paradoxo constitutivo: é imprescindible xusto porque é fráxil. Sen medios propios, unha comunidade lingüística perde non só un servizo informativo, senón a capacidade de narrarse a si mesma, de construír axenda, de producir o relato do que lle pasa e do que quere ser. E con todo, os medios en lingua galega afrontan condicións estruturais que non teñen parangón con outros contextos lingüísticos comparables en Europa.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eEste monográfico de GRIAL reúne catro voces que, desde posicións diferentes —a dirección dun medio, a xestión dun proxecto pioneiro en dixital, a análise ensaística do sector e a investigación histórica— ofrecen un retrato do ecosistema mediático galego no momento presente. Non é un retrato compracente, pero tampouco sen esperanza, e menos aínda sen memoria.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eOs tres primeiros artigos comparten un diagnóstico sobre o presente. O sistema de axudas públicas aos medios en Galiza está deseñado, de facto, para beneficiar a prensa en castelán e relegar os medios integramente en galego a unha posición marxinal, tanto cuantitativa como estruturalmente. Mentres as comunidades con linguas propias do noso contorno\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003e—Cataluña, Euskadi, o País Valencià, as Illes Balears— articularon políticas de apoio que recoñecen o valor dos medios na lingua propia como peza central da súa esfera pública, en Galiza os douscentos mil euros anuais destinados á prensa escrita integramente en galego contrastan dolorosamente cos case dous millóns distribuídos entre cabeceiras que apenas cumpren un mínimo simbólico de contidos no idioma propio.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eMaría Obelleiro, directora editorial de Nós Diario e, durante catro anos, do xornal do mesmo nome, disecciona os mecanismos polos cales o poder político condiciona o ecosistema mediático galego e, con el, o tipo de xornalismo que chega á cidadanía: subvencións, convenios, publicidade institucional, compra de exemplares. A súa análise revela que a dependencia económica respecto das institucións non é neutra. Condiciona a axenda, domestica as redaccións e converte boa parte da prensa nun apéndice da comunicación institucional.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eDavid Lombao, desde a experiencia cotiá de Praza.gal, ofrece o reverso dese espello. A historia dun proxecto que, nacido da convicción de que era posible facer xornalismo en galego de calidade sen someterse a esa lóxica, leva máis dunha década demostrándoo. O seu texto é ao mesmo tempo un balance honesto das limitacións dese modelo —a dificultade de construír estrutura profesional máis alá das redaccións, a dependencia aínda parcial da publicidade, os efectos dos algoritmos sobre os medios en linguas minorizadas— e un chamamento á responsabilidade compartida das institucións, das empresas privadas e da propia cidadanía.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eXosé Manuel Pereiro, con esa perspectiva de quen leva décadas observando o sector desde dentro e desde fóra, convoca ao inicio o pesimismo do contexto global —a crise do papel, o declive da lectura, o triunfo do entretemento sobre a información— para rematar afirmando, con provocadora obstinación, que eppur si pubblica. Os medios en galego seguen existindo, seguen medrando, e algúns dos mellores produtos informativos do país están escritos na lingua propia.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eXuntos, estes artigos non propoñen un único remedio, pero si coinciden en que o problema dos medios en galego non é un problema de audiencias nin de calidade, senón de estrutura, de vontade política e de decisión colectiva. Tamén individual. Decidir informarse en galego é, hoxe, tamén decidir que clase de esfera pública queremos. Este número de GRIAL aspira a contribuír a ese debate con rigor e coa convicción de que os medios en lingua galega non son un luxo identitario, senón unha necesidade democrática, como o foron desde o principio\u003c\/span\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e____ \u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eEditorial: Galaxia 09-2026\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 168\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"VV.AA.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54247381598555,"sku":"9789200194238","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978920019423.jpg?v=1791137355","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/grial-250-abr-mai-xun-2026","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}