{"product_id":"do-reino-e-dos-amores-proscritos","title":"DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS","description":"\u003cp\u003e\u003cem\u003eDo reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/em\u003eé unha dramaturxia que evoca e invoca as orixes da cultura galega e de Galiza. Desde os primeiros asentamentos humanos no noroeste da Península Ibérica, pasando pola lenda dos celtas, pola romanización e recuncando no Reino de Galiza. Unha proposta lúdica, na que o texto xoga con varios rexistros: documental, conto, poema, cantiga, diálogo teatral, para (re)crear historias e convocar presenzas de artistas, os trobadores e as soldadeiras, de mulleres pioneiras, as primeiras raíñas, e de amores que aínda hoxe nos poden sorprender. Compoñen este tapiz mutante as evocacións dos trobadores Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas, da soldadeira María Balteira, das raíñas Sancha e Urraca, dos amores entre Pedro e Munio e entre María Leve e Sancha Pérez, alén doutras figuras citadas.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEste libro contén unha dramaturxia que é como un xoguete que nos convida a unha viaxe no tempo, utilizando como vehículo o teatro. Unha viaxe que se pode desfrutar de dúas maneiras: xogándoa nos escenarios dos teatros que a alumaron, ou xogándoa nos escenarios da nosa mente, estimulada pola lectura deste libro. Trátase, por tanto, dunha viaxe na que a documentación fixo xermolar a imaxinación e a fantasía para recuperar ou recrear os primordios da historia dun pobo singular, da súa lingua e cultura. Todo isto desde unha perspectiva e unha sensibilidade inéditas até agora.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cdiv id=\"idatder\"\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAfonso Becerra de Becerreá.\u003cbr\u003e\u003c\/strong\u003eDramaturgo e director. Doutor en Artes Escénicas pola UAB. Licenciado en Arte Dramática polo Institut del Teatre de Barcelona.\u003cbr\u003eComo ensaísta publicou\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eO ritmo na dramaturxia\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2005),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eDramaturxia. Teoría e práctica\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2007),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eRoberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2012),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eConfio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2018) e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eHistória da dança contemporânea na Galiza\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2021). Publicou as pezas teatrais\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eAgnus Patris\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2002),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eCrio-Xénese\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2007),\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eDramatículas\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2010) e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eTextículos dramáticos e posdramáticos\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(2014).\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003ePremio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais da Xunta de Galicia 2001.\u003cbr\u003ePremio María Casares á Mellor Versión Adaptación Teatral 2016.\u003cbr\u003ePremio de Honra do Festival do Teatro Galego 2020.\u003cbr\u003eMención de Honra no Premio Internacional de Xornalismo Carlos Porto 2019 do Festival de Almada (Portugal, 2020).\u003cbr\u003eDocente na Escola Superior de Arte Dramática da Galicia.\u003cbr\u003eDirector da\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eRevista Galega de Teatro\u003c\/em\u003e.\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003e_____\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Laiovento 03-2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 82\u003cbr\u003eTEATRO\u003cbr\u003eNARRATIVA\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"AFONSO BECERRA DE BECERREÁ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52780370559323,"sku":null,"price":14.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/i1415_1342.jpg?v=1775676912","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/do-reino-e-dos-amores-proscritos","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}