{"product_id":"dialogos-con-rosalia","title":"DIÁLOGOS CON ROSALÍA","description":"\u003cp\u003eDiscurso lido no acto da súa recepción pola ilustrísima señora dona Luz Pozo Garza e resposta do excelentísimo señor don Xesús Alonso Montero.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eO solemne acto académico celebrouse o 29 de novembro de 1996 no Salón de Actos da Real Academia Galega.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eNo seu discurso, a autora de Ribadeo alternou textos en homenaxe a Rosalía de Castro con composicións poéticas, tanto propias como da propia Rosalía.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eLuz Pozo Garza\u003c\/strong\u003e, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao. Dende 1996 foi membro numerario da Real Academia Galega, ocupando o cargo de vicesecretaria de 1997 a 2001. En 2007 foi proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega para o Premio Nobel de Literatura. Os seus poemas foron traducidos ao castelán, portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.\u003cbr\u003e_____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: RAG 1997\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas:: 146\u003cbr\u003eDISCURSO NA RAG\u003c\/p\u003e","brand":"Luz Pozo Garza","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52938316153179,"sku":"9788489652309","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/submission_134_134_coverImage_gl_ES_t.jpg?v=1778234019","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/dialogos-con-rosalia","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}