{"product_id":"as-ultimas-galerias","title":"AS ÚLTIMAS GALERÍAS","description":"A primeira novela publicada polo poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, unha das figuras centrais da xeración lírica da década de 1980.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eDespois de variadas incursións na literatura infantil e logo de publicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá ao prelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia.\nAlgunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter.\nO narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións, pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Álvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que \"só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade\"; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. Na novela de Álvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre \"conducira [...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo\".\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644437639216,"sku":"WP3494","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/3923-thickbox_default-as-ultimas-galerias-3923-e1461597924950.jpg?v=1611238030","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/as-ultimas-galerias","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}