{"product_id":"afouteza-celtista","title":"AFOUTEZA CELTISTA","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eEste libro recolle un monllo de prosas celestes que o editor e mestre celtista Manuel Bragado compartiu nas tres últimas décadas. Escritas dende a urxencia da súa publicación inmediata e da ollada crítica dun abonado de Río Alto, dos que forman o lío, como desvelaba a foliada do grupo A Roda, recuperan do esquecemento algúns dos episodios máis destacados da historia celeste: a fundación centenaria, o significado das cores do vestiario, o carácter sagrado do estadio de Balaídos, a afouta sobriedade na obtención de grandes trofeos, a súa indiscutible competitividade na Primeira División, bautizada como afouteza, que o converteu no primeiro club de fútbol de Galicia, seguido en todo o planeta.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eTextos escritos en tensión, coas emocións do seareiro e o espírito didáctico do profesor, sen perder a vontade de estilo nin a fala popular viguesa nin a retranca nin a hipérbole coa que se comparten xornadas celestes felices e outras de interminables padeceres celtistas. Crónicas de partidos dos adestradores das últimas décadas, nos que se dedica maior atención á revolución liderada por Claudio Giráldez, responsable da alquimia entre figuras experimentadas e promesas da canteira, que devolveu o club á competición europea e fixo estoupar un novo celtismo global e interxeracional.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: LUSCOFUSCO 03-2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 320\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eNARRATIVA\u003cbr\u003eCELTISMO\u003cbr\u003eVIGO\u003cbr\u003eDEPORTE\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"ANTONIO TIZÓN","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52663085597019,"sku":"9791399166835","price":25.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/979139916683.jpg?v=1774475020","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/afouteza-celtista","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}