Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A MORTE EN VENECIA

€16,00
ISBN 9788492866700

Contra o final da Belle Époque, pouco antes de que estoupe a Primeira Guerra Mundial e desapareza o que Stefan Zweig chamará o mundo de onte, arriba a Venecia o prestixioso escritor alemán Gustav von Aschenbach, un burgués austero, reprimido e por completo dedicado á arte. Na cidade das lagoas, Aschenbach, xa maior e canso, vive unha aventura inesperada. Arrastrado pola beleza e a paixón, acaba entregándose ao caos.

A morte en Venecia, maxistralmente transformada en filme por Luchino Visconti, é sen dúbida unha das iconas culturais dos nosos tempos. Quen penetre no universo desta pequena xoia xamais poderá pasear polas ruelas da cidade insular sen lembrar vivamente a tráxica sorte de Aschenbach e sen que na súa cabeza resoen os ecos do adagietto da Sinfonía núm. 5 de Mahler.

____

Editorial: Rinoceronte

Idioma: Galego